Nosotros

APARTAMENTOS TURÍSTICOS EN MUROS

GARANTIZAMOS O MELLOR PREZO ONLINE

Anos de historia en

Ancoradoiro

Targa

A nosa historia comeza en 1836 cando a nosa familia, os Portals, adquire as propiedades do Ancoradoiro, onde se sitúa o edificio da fábrica de salazón de sardiña, que hoxe en día acolle os apartamentos.

Estes dous almacéns que conforman o Ancoradoiro foron construídos en 1815. Esta actividade será levada a cabo no Ancoradoiro e outros almacéns da ría de Muros pola familia Portals durante décadas. A fábrica do Ancoradoiro será dirixida ata o seu peche en 1930 por Adelino e Eustaquio Portals.

Fernando Etchevers Portals, neto de Eustaquio, herdará os almacéns do Ancoradoiro nos anos cincuenta e comeza a transformación das vellas instalacións, comezando unha actividade de compra-venda de marisco que dura ata os nosos días e pouco despois a actividade de pousada e taberna.

Baixo a dirección de Fernando,  o Ancoradoiro

converterase no que é hoxe en día. Na actualidade, no Ancoradoiro podemos atopar os nosos Apartamentos e Restaurante, situados no antigo edificio da fábrica ubicado fronte ao mar e ao porto do mesmo nome, así como o Camping Ancoradoiro ao seu carón. Todo iso segue sendo xestionado polas dúas seguintes xeracións da familia.